Novas

O campo de fútbol de Vilar de Astrés de Ourense, renovado por Extraco, obtén o Certificado Fifa Quality Pro

EXTRACO entregou ao Consello Municipal de Deportes de Ourense a obra de rehabilitación integral do campo de fútbol de Vilar de Astrés, ubicado ao norte da capital ourensá, completado a finais do pasado mes de xuño.
Cunha inversión superior ao medio millón de euros, nesta actuación acometeuse a remodelación integral do campo de fútbol con céspede artificial, incluídos os vestiarios, a construción dunha nova bancada con capacidade para 150 persoas e o acondicionamento das zonas exteriores do recinto deportivo.
O Instituto Biomecánico de Valencia foi o organismo encargado de realizar os ensaios que permitiron a este campo obter o Certificado FIFA Quality Pro, distinción de calidade outorgada aos campos de fútbol de categoría profesional. Trátase do terceiro campo de fútbol de Ourense que obtén esta acreditación pola calidade do seu céspede sintético.

Voltar