Novas

Colaboración coa Universidade de Santiago na formación dos futuros enxeñeiros

Máis alá do importante grao de colaboración que mantén Extraco con distintas universidades para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i, a compañía ofrece tamén o seu apoio en accións formativas. Deste xeito, a finais do pasado abril técnicos da empresa acompañaron e guiaron a alumnos do Grao en Enxeñería Civil da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en concreto da Escola Politécnica Superior de Lugo, nunha visita ás canteiras de Richinol, en Melide (A Coruña).

Os futuros enxeñeiros puideron coñecer in situ o proceso de extracción e tratamento de áridos empregados na produción de formigóns e pavimentos.

Con apoio de persoal de Canteras Are, o grupo empresarial que explota a canteira e que é un dos principais provedores de Extraco, os estudantes percorreron a zona e as instalacións industriais nas que se procesa o material.

Noutras ocasións, visitas deste tipo teñen como escenario a planta de aglomerado asfáltico en quente que Extraco xestiona no polígono industrial de Chorente, en Allariz (Ourense).

Voltar