Novas

CEPYME distingue a EXTRACO como unha das 500 empresas españolas líderes en crecemento en 2021

A “Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa” (CEPYME) incluíu a EXTRACO entre as 500 empresas que experimentaron un maior crecemento no exercicio 2021.

Con esta distinción, CEPYME identifica, selecciona e promove a aquelas entidades que lideraron o crecemento empresarial no país, tanto polos seus resultados nos últimos anos como pola capacidade para xerar valor engadido, emprego, innovación e proxección internacional.

As 500 empresas distinguidas recibiron un diploma oficial e un selo acreditativo que certifica o liderado e recoñece a súa pertenza a este selecto grupo de empresas, que mantiveron o crecemento empresarial a pesar da incidencia negativa da pandemia por COVID na economía española nos dous últimos anos.

Máis información en https://www.cepyme500.com/

Voltar