Novas

Apoio á “Viaxe pola Enxeñería de Camiños” organizada pola Demarcación de Madrid do Colexio

A sétima edición da Semana da Enxeñería de Camiños mostrou este mes de marzo en Madrid a notable influencia desta profesión na vida das persoas. A través dunha interesante exposición cargada de realidade virtual, de visitas a relevantes infraestruturas da capital de España e de distintas actividades lúdicas, o Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid rendeu homenaxe á profesión baixo o lema “A enxeñería únenos”.

A iniciativa contou con EXTRACO entre as empresas colaboradoras e tivo como unha das súas principais referencias a exposición titulada “Unha viaxe pola Enxeñería de Camiños”, montada con 6 contedores, de entre 12 e 6 metros de largo, dos utilizados no transporte de mercancías. En total, unha área de 350 metros cadrados para gozar dunha experiencia inmersiva que se completou con obradoiros, conferencias e a gravación dun podcast diario en directo.

A Semana incluíu tamén visitas guiadas a distintas infraestruturas da capital, como o simulador histórico do Metro, prazas singulares, a obra de cubrición do novo estadio Mahou-Calderón, a subestación eléctrica de Praza de España, o Bosque Metropolitano, o Centro de Xestión de Tráfico de Madrid Zona Centro, o Hospital 12 de Octubre ou as novas Torres Colón, entre moitas outras intervencións con participación dos enxeñeiros de camiños.

Voltar