Novas

Aenor certifica a calidade do sistema de xestión enerxética de Extraco

A entidade certificadora Aenor validou o sistema de xestión enerxética que Extraco ten implantado nas súas oficinas centrais, almacéns e talleres de maquinaria. En concreto foille concedido o Certificado de Xestión Enerxética que avala que cumpre todo o disposto na norma UNE-ISO 50001:2011.

Os auditores verificaron que Extraco realiza un exhaustivo control del consumo, en tempo real, das fontes de enerxía que alimentan as súas instalacións, en particular da electricidade e do gasóleo de calefacción.

A empresa considera fundamental o deseño de accións dirixidas a acadar as maiores cotas de eficiencia enerxética. De feito é membro fundacional da primeira asociación galega de servizos enerxéticos, creada en Ourense hai aproximadamente dous anos.

Voltar