Novas

Aenor avala a metodoloxía implantada por Extraco para mellorar a súa pegada de carbono

A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) renovou o certificado de verificación da pegada de carbono da actividade produtiva de Extraco conforme ao Greenhouse Gas Protocol (GHG), a metodoloxía estandarizada con maior implantación mundial para a medición e cálculo das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

O procedemento foi implantado pola compañía no ano 2022 no marco do seu compromiso medioambiental, como unha ferramenta voluntaria de responsabilidade social e sostibilidade, e os datos reflicten que se avanza de xeito significativo na mellora da pegada de carbono.

O sistema permite adoptar medidas para a redución de emisións tendo en conta a actividade desenvolvida en todas as oficinas de Extraco, a planta de aglomerado asfáltico en quente de Allariz e as obras que executa a empresa en España á marxe das UTE.

Voltar