Novas

Adxudican a Extraco a ampliación de tres campus da Universidad Tecnológica de Panamá

Extraco resultou adxudicataria dun importante proxecto en Panamá, o ‘Deseño, construción e equipamento de edificios para os centros rexionais da Universidad Tecnológica de Panamá (UTP)’.

A iniciativa, que ten un orzamento superior aos 15 millóns de balboas,  prevé a ampliación de tres campus universitarios da UTP, Coclé, Azuero e Veraguas, situados todos eles no interior do país.

No caso concreto do campus de Azuero inclúese a construción dunha biblioteca de dúas plantas, un edificio de apoio aos estudantes, unha cafetería e un almacén, ademais da creación de áreas deportivas como unha cancha de baloncesto. As obras de ampliación deste campus, situado na cidade dos Santos, teñen un prazo de 18 meses para o seu deseño e construción.

No campus de Coclé, na cidade de Penonomé, o proxecto contempla a creación de gran edifico de aulas, un inmoble para laboratorios e unha planta de tratamento de augas. O prazo é de 26 meses para desenvolver o deseño e executar a obra.

Finalmente, no Centro Rexional de Veraguas (Santiago), Extraco realizará a construción dun edificio de dúas plantas para usos mixtos con espazo para aulas e laboratorios, sobre un proxecto entregado pola propia UTP. Ademais de levantar o inmoble, durante 18 meses tamén deberá construír un novo aparcadoiro en superficie.

Nos tres campus, Extraco encargarase tamén de tarefas de paisaxismo e adecuación viaria, así como da subministración de mobiliario e equipamento para as zonas común.

Voltar