Novas

Panamá estrea na Chorrera a nova sede do seu Tribunal Electoral

A rexión de Panamá Oeste conta cunha nova sede para o Tribunal Electoral da Chorrera, unhas instalacións que darán servizo a unha poboación dunhas 354.000 persoas para a realización dos trámites relacionados co Rexistro Civil, Identificación e Organización Electoral.

Extraco executou esta obra, que consistiu na construción dun edificio con modernas e amplas oficinas para facilitar a súa funcionalidade, o deseño e acondicionamento dunha extensa área de estacionamento e a dotación de servizos como planta eléctrica, sistemas contra incendios, seguridade e tanque de reserva de auga.

Voltar