Novas

Nasas Nigrán, o novo parque comercial e de entretemento de referencia no sur de Galicia, construído por EXTRACO como contratista principal

O parque comercial e de entretemento Nasas Nigrán, que abriu as súas portas o pasado mes de decembro, consolídase como espazo lúdico de referencia no sur da comunidade autónoma.

O novo centro comercial, situado no Parque Empresarial e Tecnolóxico de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra), foi promovido polo Grupo Inmobiliario López Real Inversiones 21 (LR21) e ocupa unha parcela de máis 60.000 m2, nos que se combina a oferta comercial coa experiencia lúdica e de esparexemento.

Conta con 1000 prazas de aparcamento, zonas de recarga para vehículos eléctricos e unha superficie comercial de 27.000 m2, distribuída en dúas plantas, que acollen establecementos de bricolaxe, alimentación, deporte, moda, fogar e lecer-restauración.

EXTRACO foi a empresa contratista principal das obras do novo centro comercial, ocupándose de toda a obra civil e de boa parte dos traballos de edificación: ademais de acometer os movementos de terras e a urbanización da parcela (incluíndo beirarrúas e xardinería), ocupouse das cimentacións; acometeu as instalacións de saneamento e fontanería, os traballos de impermeabilización, colocación de solados, tabiquerías, alicatados e carpinterías dos edificios, ademais da maior parte dos escaparates das tendas.

A maiores, a empresa tamén participou na construción dunha gasolineira e nos acabados de varias tendas situadas no complexo comercial.

Situado estratexicamente a 15 minutos de Vigo e a 20 minutos do norte de Portugal, a primeira fin de semana de apertura rexistrou unha afluencia de máis de 80.000 visitantes.

Voltar