Novas

A estación Palacio de Congresos de Sevilla mellora en accesibilidade e eficiencia enerxética

A mellora integral da accesibilidade da estación Palacio de Congresos de Sevilla, executada por Extraco, incluíu a adecuación de accesos, pavimentos e varandas á normativa vixente, así como a consolidación do terreo e mellora das plataformas para pasaxeiros.

Instalouse tamén un novo sistema de iluminación e actuouse así mesmo na sinalización e acabado das marquesiñas.

Na zona oeste construíuse un novo edificio de acceso.

A obra realizouse integramente sen interromper o servizo ferroviario de proximidade de Renfe. Significou ademais a actuación de maior envergadura levada adiante nestas instalacións dende a súa posta en servizo hai vinte anos.

Voltar