Novas

Finalizado o paso inferior ferroviario entre as rúas Juan Ramón Jiménez e Antonio José Castellano de Zafra (Badaxoz)

Extraco finalizou este mes de febreiro o novo paso inferior ferroviario que comunica as rúas de Juan Ramón Jiménez e Antonio José Castellano Ortega, na localidade pacense de Zafra, Extremadura. Coa construción da nova infraestrutura elimínase un perigoso paso a nivel preexistente, mellorando a seguridade viaria da zona e a comunicación a ambos os dous lados da liña férrea que cruza a localidade extremeña.

A nova infraestrutura ferroviaria foi executada mediante a técnica de caixón prefabricado empuxado e incluíu a construción dunha nova calzada e paso peonil baixo a liña, así como a urbanización e restauración da zona afectada polos traballos. As fotografías mostran unha perspectiva xeral da intervención, recentemente terminada para o Concello de Zafra, entidade contratante da obra

Voltar