Novas

Felicitación expresa do Canal de Isabel II Gestión a Extraco por unha obra de abastecemento

Canal de Isabel II Gestión (CYIIG), empresa responsable do ciclo integral da auga da Comunidade de Madrid, trasladou unha felicitación expresa a Extraco pola correcta execución dunha obra de renovación da rede de abastecemento nunha urbanización de Collado Villalba.

En concreto, responsables da citada compañía fixéronse eco da satisfacción dos residentes na urbanización, transmitida a través do seu administrador, pola profesionalidade coa que actuou a empresa ourensá, a coordinación con todos os departamentos do CYIIG e o acabado dos traballos. Pola súa banda, directivos de Canal de Isabel II Gestión tamén agradeceron a Extraco o bo desenvolvemento das obras.

Por norma xeral, a construtora remata todos os seus encargos dentro do prazo estipulado, de xeito correcto e sen incidencias destacables, aínda que resulta extraordinario recibir unha felicitación expresa da veciñanza polo resultado dunha obra pública. Neste caso tratouse da renovación da rede de abastecemento de auga en catro rúas concretas de Collado Villalba, con máis de dous quilómetros de tubaxes.

Voltar