2013 Xul 26
Extraco solidarízase coas vítimas do tráxico accidente ferroviario de Santiago
A dirección e o resto do cadro de persoal de Extraco queren transmitir a través desta páxina web o seu apoio e solidariedade coas vítimas e familiares do tráxico accidente ferroviario ocorrido no serán do pasado mércores en Santiago de Compostela.
A empresa súmase á dor de toda Galicia e optou por deixar constancia diso coa colocación dun crespón negro nesta web, unha imaxe que manterá durante os sete días de loito oficial declarados pola Xunta.
Voltar