Novas

Extraco estuda a incorporación de residuos plásticos no desenvolvemento de mesturas bituminosas para minimizar o seu impacto ambiental

O obxectivo é conseguir mesturas bituminosos máis respectuosas co medio ambiente, a través da implantación de estratexias que permitan utilizar residuos poliméricos como substitutos dos áridos virxes.

O proxecto de I+D denominado Estrada, liderado por Extraco e que conta coa participación de Gestan Conteco e o apoio de Cetim (Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial) e da Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Integrado de Enxeñería Civil e Xeomática do campus de Lugo), acaba de superar a validación do principio DNSH que implica o recoñecemento oficial de que non causará prexuízo ao medio ambiente.

De feito, a iniciativa non só non dana o medio ambiente, senón que pretende acadar solucións innovadoras de economía circular nas que o principal reto tecnolóxico será a incorporación do máximo contido de residuos plásticos en breas convencionais para elaborar mesturas bituminosas en quente.

A certificación DNSH é un requisito obrigado para os proxectos de I+D+i financiados polo CDTI que conten con fondos Next Generation EU. Garante o cumprimento de seis obxectivos ambientais como son a mitigación do cambio climático, a adaptación ao mesmo, o uso sostible e a protección dos recursos hídricos, a transición cara unha economía circular, a prevención e control da contaminación, e a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Voltar