Novas

Extraco impulsa a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) no seu modelo de negocio

Extraco foi unha das 130 compañías seleccionadas pola Xunta de Galicia que, durante o ano 2017, participan no programa Responsabilízate, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Emprego que busca diagnosticar o avance das políticas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) en Galicia, promovendo a sua implantación como parte do modelo de negocio das empresas radicadas na comunidade.
Extraco está na actualidade inmersa na segunda fase de desenvolvemento desta iniciativa, dirixida á elaboración dun plan de acción específico para a operativa diaria da empresa. A compañía está implicada desde hai anos en actividades do ámbito da RSE, entre as que destacan programas de apoio a universidades ou proxectos de I+D de corte eminentemente medioambiental, que agora quere ampliarse a toda a organización.
Coa participación no programa Responsabilízate, Extraco asumiu, entre outros compromisos, a incorporación de principios económicos, sociais e medioambientais na sua estratexia de negocio, liderados pola Dirección da empresa, mediante a implantación global da RSE con recursos específicos para o seu desenvolvemento.
.

Voltar