Novas

Extraco, na Alianza Galega polo Clima

A Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa institucional que pretende avanzar no obxectivo de converter a Galicia nun referente na resistencia ao cambio climático, conta con Extraco entre os seus membros.

O ente vai dirixido a empresas, colexios profesionais, sindicatos, organizacións medioambientais, sociedade civil ou administracións públicas que queiran achegar experiencia, coñecementos ou ideas a favor da sustentabilidade.

A Alianza conta cunha páxina web (alianzagalegapoloclima.gal/es) na que informa das súas actividades. Extraco pertence á entidade practicamente dende a súa fundación.

 

Voltar