Novas

Extraco culmina a reforma integral da estación ferroviaria de Vacarisses (Barcelona)

O pasado mes de agosto EXTRACO finalizou a obra de reforma integral da estación ferroviaria de Vacarisses, en Barcelona, realizada co apoio técnico de INECO e RENFE. Trátase dunha estación da liña R4 de Rodalies (tren de proximidade) que da servizo á área metropolitana de Barcelona, no traxecto que discorre entre Sant Vicenç de Calders e Manresa, e que está operada por RENFE.

Esta obra ferroviaria, cun investimento de preto de un millón e medio de euros, implicou a construción de novas plataformas (nunha lonxitude superior aos 200 m), unha nova pasarela peonil entre plataformas e a renovación de ascensores e das instalacións complementarias asociadas aos espazos reformados.

No seguinte vídeo móstranse os traballos desenvolvidos na liña para a montaxe da estrutura metálica da nova pasarela peonil, unha das partes da obra de maior complexidade técnica.

Vídeo Pasarela Línea R4 Rodalies – Vacarisses

Voltar