Novas

Extraco abre nova oficina en Madrid

Extraco S.A. abriu unha nova oficina en Madrid, concretamente na rúa da Infanta Mercedes, número 31, local 17 (entreplanta).

A compañía conta con varias delegacións en España, en A Coruña, Santander e Madrid, a maiores da súa sede central de Ourense. Opera tamén con oficinas internacionais en Portugal, Panamá e Perú.

Extraco ten laboratorio de ensaios e parque e taller de maquinaria en Ourense, así como unha planta fixa de aglomerado no polígono empresarial de Chorente, en Allariz (Ourense).

En Madrid levaba traballando con oficina propia desde hai anos nun local situado na rúa Sopelana, número 13. Coa apertura das modernas instalacións da rúa da Infanta Mercedes trasládase ao pleno centro da capital madrileña, moi preto do Paseo da Castellana.

Voltar