Novas

Estudantes do Grao en Enxeñaría Civil da Universidade de Santiago de Compostela visitan a planta de aglomerado asfáltico de Extraco

O pasado 7 de maio tivo lugar unha visita de carácter académico á planta de fabricación de aglomerado en quente que Extraco ten no Polígono Industrial de Chorente, en Allariz (Ourense). Alunos do Grao en Enxeñaría Civil da Universidade de Santiago de Compostela (USC), especialidade en Transportes, desprazáronse desde a Escola Politécnica Superior de Lugo ata as instalación de Extraco para coñecer o funcionamento deste tipo de equipamentos industriais. Da man do persoal da División de Asfaltos, os estudantes tiveron ocasión de coñecer in situ o proceso de fabricación deste tipo de misturas bituminosas,  completando así a súa formación desde un punto de vista práctico.

Esta visita académica enmárcase dentro das actividades de Responsabilidade Social Corporativa desenvolvidas por Extraco, que colabora de maneira habitual con diferentes institucións galegas de educación superior, tanto en accións de formación como en proxectos de I+D.

Voltar