Novas

O Rally de Ourense volve contar con Extraco para o suministro de barreiras de seguridade

O Rally de Ourense, que celebrará a súa cuadraxésima sexta edición os vindeiros días 14 e 15 de xuño, contará unha vez máis coa colaboración de Extraco a través do suministro de barreiras de seguridade New Jersey en diferentes tramos do percorrido.

A proba, organizada pola Escudería Ourense, que ten carácter nacional e é puntuable para o Campionato de España de Rallies de Asfalto 2013, abrangue unha distancia total de 487,85 quilómetros, con percorridos cronometrados por 206,64 quilómetros. O programa inclúe de novo, para o venres 14 polo serán, o tramo espectáculo de San Cibrao, deixando o groso da competición para o día seguinte, cos itinerarios dos Peares, A Peroxa, San Cibrao, Toén, San Pedro de Rocas e Luintra, case que todos a dobre pasada ata completar os doce tramos que compoñen esta edición.

Voltar