Novas

O presidente da Xunta de Galicia inaugurou o novo albergue de peregrinos do Mosteiro de Oseira (Ourense), construído pela EXTRACO

O mosteiro de Santa María A Real de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense), estreou a finais de marzo un novo albergue de peregrinos, que se suma ao inicialmente existente no complexo  monástico, tamén renovado por EXTRACO por encargo da  Axencia de Turismo de Galicia.

O presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, participou o pasado 28 de marzo na inauguración das novas instalacións do mosteiro, un conxunto arquitectónico de alto valor histórico que enxalzou como exemplo do patrimonio galego vinculado co Camiño de Santiago.

A comunidade monástica, fundada no século XII, contaba xa cun albergue que se abriu de novo ao público esta semana Santa, tras unha profunda rehabilitación na que, entre outras melloras, engadiuse un novo aseo adaptado para persoas con discapacidade, un cuarto dobre tamén adaptado e reformas na planta baixa, vestíbulo, lavandería e almacén. A rehabilitación destas dependencias forma parte do proxecto construtivo conxunto acometido por EXTRACO, que tamén converteu unhas naves en desuso (antigas cortes, situadas na parte traseira do mosteiro) nun novo albergue de peregrinos, conectado co antigo aloxamento.

Tanto no novo edificio como na adecuación do preexistente respectouse o conxunto monumental, recuperando zonas  derruídas e utilizando materiais especialmente adaptados á singular contorna.

Coa inauguración destas instalacións súmanse 76 prazas adicionais á rede pública de aloxamentos do Camiño de Santiago na Vía da Prata, xestionados pola Xunta de Galicia.

Voltar