Novas

Colocación da primeira pedra da nova glorieta do “Cruzamento de Sol e Mar” en Oleiros, A Coruña

O pasado 15 de decembro tivo lugar a colocación da primeira pedra e inicio das obras de remodelación do “Cruzamento de Sol e Mar”, en Perillo, Oleiros (A Coruña). O acto simbólico estivo presidido por Javier Losada, Delegado do Goberno en Galicia, e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros (ambos na imaxe), acompañados por técnicos do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana e representantes das empresas construtoras que executarán a obra. EXTRACO participa, xunto con Civis Global e Misturas, na UTE que construirá a nova infraestrutura, cun orzamento de máis de nove millóns de euros e con data aproximada de terminación prevista para o primeiro semestre de 2023.

Con esta obra substitúese a intersección actual das estradas AC-12 e AC-174 por unha nova ligazón con glorieta superior, onde o tronco principal da vía discorrerá soterrado entre muros pantalla executados con pilotes, mellorando así a fluidez e seguridade viaria do tramo.

Trátase dunha obra longamente demandada polos veciños de Perillo ao Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, debido ao perigo do cruzamento, con gran densidade de tráfico neste tramo da antiga estrada N-VI.

(Fotografías cedidas polo Ministerio de Transportes).

Voltar