Novas

Campaña para garantir a seguridade nos pasos a nivel ferroviarios

Extraco quixo sumarse á campaña internacional de sensibilización sobre os pasos a nivel ferroviarios, unha iniciativa impulsada pola Organización Mundial do Ferrocarril (UIC) para conmemorar o Día Internacional dos Pasos a Nivel (ILCAD), celebrada o pasado 2 de xuño e na que participaron a Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española (PTFE) e a Fundación dos Ferrocarrís Españois, institucións coas que habitualmente colabora a empresa.

Nesta novena edición, a campaña, que alerta fronte ás distraccións en estradas e as súas consecuencias nas interseccións con vías férreas, levou por lema “Todos xuntos por un cruzamento máis seguro!”.

Extraco participa con asiduidade en varios grupos de traballo de I+D+i da Plataforma Tecnolóxica Ferroviaria Española, concretamente nos de Infraestrutura e Plataforma de Vía, Superestrutura de Vía e Mantemento de Instalacións Ferroviarias fixas.

Voltar