Novas

Aenor certifica os sistemas de xestión de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais de Extraco en Perú

A Asociación Española de Normalización y Certificación (Aenor) acaba de certificar os Sistemas de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde no Traballo da sucursal que Extraco ten en Perú, de acordo coas normas ISO 9001:2015, ISO 14001:2015 e OHSAS 18001:2007.

A obtención destes certificados supón a culminación a todo o traballo desenvolvido pola construtora ourensá dende que se implantou no país andino, hai cinco anos (en 2013). Desde que chegou a Perú, Extraco ten levado a cabo importantes obras, como o tramo II da Variante de Uchumayo (en Arequipa), a planta de tratamento de residuos sólidos de Itapalluni (en Puno) ou o desembarcadoiro pesqueiro artesanal de Ilo.

Actualmente, Extraco conta en Perú cunha oficina propia na Avenida del Parque Sur, no distrito de San Isidro de Lima, e un equipo de 16 empregados, entre persoal técnico e administrativo.

Voltar