Novas

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños recoñece a Extraco co Premio San Telmo polas obras do AVE a Galicia

A Demarcación de Galicia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos decidiu distinguir a Extraco co Premio San Telmo como unha das compañías responsables da obra de acceso da alta velocidade (AVE) a Galicia.

Nun acto celebrado na sede da Fundación Barrié da Coruña recoñeceuse concretamente a actuación realizada pola empresa, en UTE con Cycasa, Canteras y Construcciones, para a construción da base de montaxe de vía de Miamán, en Ourense.

A distinción, que a institución colexial concede cada dous anos e que recolleu o director xeral de Extraco, Francisco Rodríguez, acadou tamén ás demais empresas adxudicatarias do acceso do AVE á comunidade galega.

Voltar