Novas

Avanzan as obras de rehabilitación do canal de aproveitamento hidro-agrícola do Val do Sado no distrito de Setúbal (Portugal)

Os traballos de rehabilitación do canal de aproveitamento agrícola do Val do Sado, executados por EXTRACO desde decembro de 2019, avanzan a bo ritmo. Trátase dun canal de rego agrícola de máis de 45 km de lonxitude, construído na década dos anos 40 do século XX, localizado no concello de Alcácer do Sal, distrito de Setúbal, ao sur de Lisboa. O canal conecta o encoro de Pego do Altar cos canais de Santa Catarina e de Comporta, conformando a rede primaria de rega que da servizo á Associação de Beneficiarios do Vale do Sado. É un canal de sección trapezoidal a ceo aberto, con zonas en túnel, no que se están reparando as partes en pior estado de conservación, especialmente revestimentos orixinais de formigón e de baldosas, así como os noiros entre as pontes-canal de Palma e Malhadinhas. Os traballos previstos compleméntanse coa construción de novos sistemas de drenaxe lonxitudinal asociados ao canal.

Voltar