Novas

A Autovía Ourense-Celanova acolle unha visita técnica de estudantes de Enxeñería Civil da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Estudantes do Grao de Enxeñería Civil da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizaron o pasado mes de xuño unha visita de carácter técnico á Autovía Ourense-Celanova (AG-31). No transcurso da xornada visitaron a sala de control de tráfico do Centro de Conservación e Explotación situado nas inmediacións do enlace centro da autovía, en A Manchica (A Merca, Ourense).

Ademais do sistema de pantallas desde o que se controla o tráfico da estrada en tempo real, o persoal técnico de EXTRACO explicou aos estudantes os diferentes sistemas de seguridade da infraestrutura para evitar circulacións indebidas ou a intrusión de animais, entre outras incidencias, así como os elementos para a contabilización dos vehículos que pasan pola vía diariamente, xa que a súa explotación realízase na modalidade de “peaxe en sombra”.

Os estudantes coñeceron tamén os medios e instalacións destinados a garantir a circulación en inverno (depósitos de sal, salmoiras e equipos quitaneves para operacións de “vialidade invernal”), desprazándose posteriormente á planta de fabricación de aglomerado asfáltico que EXTRACO ten no Polígono Industrial de Chorente, en Allariz, na que completaron a xornada.

Esta actividade enmárcase na política de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de EXTRACO, que apoia de maneira habitual a diferentes institucións académicas galegas de educación superior, a través de accións formativas, de patrocinio e proxectos de I+D+i.

A Autovía Ourense-Celanova (AG-31) é unha vía autonómica de alta capacidade, de máis de 20 km de lonxitude, que enlaza a Autovía das Rías Baixas-A-52 coa localidade de Celanova (Ourense). Inaugurada en 2013 para dar servizo a unha área de influencia de máis de 130.000 persoas, e deseñada cuns elevados estándares de seguridade e confort, foi construída coa participación de EXTRACO e é explotada pola sociedade concesionaria AUCEL, S.A., da que tamén forma parte EXTRACO.

Voltar