2018 Nov 19
Tres proxectos de I+D liderados por Extraco, elixidos na convocatoria Conecta Peme 2018
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, seleccionou tres proxectos de investigación liderados por Extraco para ser financiados na convocatoria competitiva de I+D+i Conecta Peme 2018. Trátase dos proxectos ‘Alfiller’, ‘Geo4Radón’ e ‘Topacio’. Todos eles contarán tamén con apoio económico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para a súa execución.
O proxecto ‘Alfiller’ analiza a posibilidade de valorización do filler de recuperación de prantas asfálticas para o desenvolvemento de ecoproductos de base cemento. Conta coa colaboración de investigadores do Grupo de Construción (gCONS) da Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.
‘Geo4Radón’ busca a predición e mellora dos sistemas de climatización xeotérmica e a análise da influencia das sondaxes na difusión do gas radón, coa participación de investigadores da área de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos da Universidade de Vigo.
Por último, ‘Topacio’ trata de desenvolver novas tecnoloxías de optimización da xestión de infraestruturas para a prevención de incendios forestais, da man do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas (GeoTECH) e do Grupo de Tecnoloxía Enerxética da Universidade de Vigo.
Os proxectos ‘Alfiller’ e ‘Topacio’ iniciáronse o pasado mes de marzo e ‘Geo4Radón’ en abril. Os tres teñen como data prevista de finalización o mes de setembro de 2020.
Voltar