Novas

Extraco, empresa colaboradora e relatora no VIII Congreso Nacional de Enxeñería Civil.

Extraco foi unha das empresas colaboradoras do VIII Congreso Nacional de Enxeñería Civil, celebrado en Madrid os días 17 e 18 de febreiro de 2020. No congreso, organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos baixo o lema “O liderado dos enxeñeiros de Camiños”, tratou diferentes temáticas relacionadas co mundo da enxeñería civil e das obras públicas. Entre elas, o futuro da mobilidade no século XXI; o vehículo autónomo e a Axenda Urbana; o reto da transformación dixital; o Cambio Climático; o almacenamento de enerxía; a economía circular e a xestión, financiamento e innovación das obras públicas.

Ademais de patrocinar o congreso, Extraco presentou á mesa de expertos unha comunicación titulada “Estudio da difusión do gas radón en edificios ubicados sobre terreos graníticos e a sua relación coas sondaxes xeotérmicas”. Nesta presentación foron mostrados resultados preliminares do proxecto de I+D “GEO4RADÓN: Predición e mellora dos sistemas de climatización xeotérmica e análise da influencia das sondaxes na difusión do gas radón”, cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación – GAIN,  Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no trienio 2018-2020, a través de Fondos FEDER no programa CONECTAPEME (Ref. IN852A 2018/38).


Voltar