Construído para albergar a oficina rexional da “Contraloría General de la República” no distrito de Las Tablas, provincia de Bocas de los Santos, en Panamá. Consta de dous andares, con fachada principal acristalada en tres corpos e está dotado de ascensores, accesos adaptados para discapacitados e estacionamento propio. EXTRACO acometeu tamén a urbanización da contorna, construción de accesos peonís, áreas verdes, infraestruturas viarias, peche perimetral das instalacións e garita para control de accesos e seguridade xeral do edificio.
Entidade contratante: Contraloría General de la República de Panamá