Rehabilitación integral dun edificio administrativo da Xunta de Galicia (antiga Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, na rúa Gregorio Hernández) para levantar un novo complexo de servizos de máis de 6.300 m2 de superficie, repartidos en dous edificios: Edificio Prisma, de planta rectangular e 5 alturas, e Edificio Óvalo, de 4 alturas, conectados por unha zona de paso, e que comparten un salón de actos. As obras incluíron traballos de urbanización exterior, coa creación dunha praza común, accesos independentes e novas zonas de aparcamento.
Entidade contratante: Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xunta de Galicia