Edificio completo nunha única planta de 1.012,28 m2, construído sobre cimentación superficial con tres núcleos de apoio sobre os que se asentaron catro vigas caixón pretensadas. A fachada construíuse con paneis prefabricados de formigón trasdosados interiormente con paneis de celulosa-cemento con illamento incorporado. Executouse como cuberta unha terraza invertida non transitable.