As reformas realizadas tiveron por obxecto a diferenciación de accesos segundo usos, a reorganización interior de espazos, a reparación de certos elementos construtivos (cubertas, terminacións e carpintería) e a acomodación á normativa vixente das súas diversas instalacións, incluíndo accesibilidade. Realizáronse obras de redistribución para facer o edificio máis funcional e renováronse totalmente os seus servizos, entre outras actuacións.