Os servizos consisten na conservación e mantemento integral da estación depuradora de augas residuais de Arcade, con capacidade para o tratamento físico-químico con raios ultravioletas dun caudal medio diario de 2.592 m3 e un caudal máximo diario de 6.216 m3. Inclúense traballos de conservación das instalacións e equipos eléctricos e mecánicos, así como o seu mantemento preventivo e correctivo.
Entidade contratante: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.