Noticias

Confirmada a viabilidade do uso de residuos poliméricos para a fabricación de mesturas bituminosas

O proxecto de I+D+i Estrada, liderado por Extraco e dirixido á substitución de áridos virxes por residuos poliméricos para o desenvolvemento de mesturas bituminosas en quente, conseguiu acadar todos os seus obxectivos tras preto de tres anos de traballos.

A iniciativa logrou confirmar a viabilidade e compatibilidade dese tipo de residuos para a fabricación de mesturas bituminosas, incorporando estes produtos por vía seca (como árido) e por vía húmida (modificando o betume).

Ademais de Extraco, Estrada contou coa participación do Grupo Gestán e o apoio de Cetim e da Universidade de Santiago de Compostela (Grupo Integrado de Enxeñería Civil e Xeomática do campus de Lugo). Tivo financiamento do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación, CDTI (Ref. IDI-20230676).

Nunha rúa do polígono industrial de Chorente, en Allariz, construíuse o tramo de proba que serviu como prototipo e co que se completou o proxecto. Os seus resultados foron tamén avanzados o pasado xuño na primeira edición do Congreso de Innovación en Construción, Edificación, Infraestruturas e Concesións (IC2) que se celebrou en Santander (Cantabria).

Voltar