Jun15
Extraco colabora na organización da I Xornada Técnica ‘Sostibilidade na construción de obra civil: Novas perspectivas’, un encontro impulsado pola construtora Misturas con motivo da celebración do seu 25º aniversario e que terá lugar o vindeiro 18 de xuño na localidade de Allariz (Ourense). Técnicos de diferentes administracións, empresas e universidades participarán nesta xornada, que […]
ler máis...May8
Extraco lidera un consorcio de empresas que, xunto a institucións de referencia no ámbito da investigación en Galicia como o CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enseñería Civil) e o Grupo de Construción da Universidade da Coruña, está a desenvolver un novo proxecto de I+D+i centrado na valorización das cunchas de moluscos, empregándoas […]
ler máis...Apr14
A Axencia de Certificación en Innovación Española (ACIE), acreditada por ENAC (Entidad Nacional de Acreditación), acaba de dar o seu aval ao proxecto Sitegi desenvolvido dende 2011 por Extraco en colaboración con varias empresas galegas e a Universidade de Vigo. Concretamente, rematouse o proceso de certificación da anualidade 2012, de acordo coa Norma UNE 166.001 […]
ler máis...Feb25
A implantación en Galicia dun novo máster sobre xeoinformática recibiu o apoio expreso e formal de Extraco. Este máster, impulsado pola Universidade de Vigo, desenvolveríase en colaboración coa Universidade da Coruña, con docentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas de Vigo e da Facultade de Informática da Coruña. O programa impartiríase en dous […]
ler máis...Jan16
A Universidade da Coruña (UDC) ven de recoñecer o compromiso e colaboración de Extraco en proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación impulsados pola institución académica. A entidade organizou o pasado mes de decembro no edificio da Reitoría a xornada “A UDC coas empresas: éxitos acadados e novas oportunidades de colaboración”. Francisco Javier Prego Martínez, en […]
ler máis...Dec2
A quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que posibilitou hai un lustro a recuperación dunha área de 20.000 metros cadrados na ribeira do río Arnoia, no contorno do Portovello, contou nesta ocasión co patrocinio de Extraco. O certame pechouse no mes de novembro tras exhibir desde maio unha ducia de propostas paisaxísticas, […]
ler máis...Nov2
Extraco atópase actualmente inmersa no proceso de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), unha obra adxudicada pola Xunta de Galicia á Unión Temporal de Empresas (UTE) da que forma parte xunto con Vías y Construcciones S.A. e CRC. Segundo recolle o proxecto constructivo, a superficie útil será de 47.864 m2 e a construída […]
ler máis...Oct10
Extraco colabora co Concello de Soutomaior (Pontevedra) nunha interesante iniciativa educativa tendente a fomentar o coñecemento dos ecosistemas mariños entre escolares. O apoio da compañía ourensá está directamente relacionado coa xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais situada na localidade de Arcade, que depende da UTE formada por Extraco e Asteisa. Técnicos da construtora guían […]
ler máis...Sep29
Asinado outro importante contrato en Portugal para a rehabilitación dunha ponte na rexión do Algarve
O conselleiro delegado de Extraco, Javier Leandro Prada, asinou días atrás un novo contrato de notable envergadura en Portugal, concretamente na rexión do Algarve, para a rehabilitación e reforzo estrutural da ponte de Dona María, na localidade de Lagos. A obra está previsto que empece no mes de setembro, cun prazo de execución de oito […]
ler máis...Aug25
Unha pasarela aérea sobre piares metálicos fincados serviu para conectar a área de lecer existente no peirao de Arcade coa histórica ponte medieval que cruza o río Verdugo nesta localidade pontevedresa. Extraco completou recentemente esta actuación, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Soutomaior. Os materiais empregados foron aluminio de calidade naval […]
ler máis...