Novas

A conservación de estradas de Pontevedra-Norte, xestionada por a UTE Extraco-Misturas, participa na desinfección de rúas na loita contra a COVID-19

Os medios técnicos e humanos do contrato de conservación de estradas Pontevedra-Norte, xestionada por unha UTE EXTRACO-MISTURAS, colaboraron activamente nos traballos de desinfección de ruas e vias para mitigar a propagación da COVID-19 en Galicia.

Desde que comezou a pandemia, os vehículos empregados nas operacións de vialidade invernal foron reconvertidos para dosificar unha solución desinfectante de hipoclorito por rúas e prazas. Trátase dunha actuación promovida polo Ministerio de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana, en coordinación coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas do Estado.

O contrato de conservación de Pontevedra-Norte encárgase do mantemento de vías tan importantes como as estradas N-525, N-550 e N-640 ao seu paso por esta provincia. Entre as accións de desinfección anti-COVID-19 máis relevantes destacan as intervencións realizadas nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Marín e Tui, en abril pasado.

Voltar