Novas

Extraco constrúe un novo bulevar á beira do lago de Yarinacocha na Amazonia peruana

O novo bulevar de Yarinacocha conforma unha ampla área peonil e de lecer (24.000 metros cadrados) á beira da lagoa homónima. Trátase dunha gran obra executada na súa maior parte pola sucursal de Extraco en Perú que incluíu a construción dun dique, peirao turístico e de pesca artesanal para carga e descarga, edificio miradoiro para servizos turísticos, edificio de capitanía do porto, e seis plataformas para acondicionamento de 18 restaurantes, así como iluminación pública e ornamental, bancos e outros equipamentos.

O obxectivo do Goberno do departamento de Ucayali con este proxecto é contribuír á expansión e desenvolvemento turístico desta rexión da Amazonia peruana.

Voltar