Novas

Defensa dispón dunha nova pista para adestramento con drons en León

O campo de tiro e manobras El Ferral, no centro de operacións RPAS da base Conde de Gazola, en San Andrés de Rabanedo (León), conta cunha nova pista de despegue e aterraxe para drons, un proxecto impulsado pola Dirección General de Infraestructura do Ministerio de Defensa.

Ademais do acondicionamento e ampliación da pista, a obra executada por Extraco incluíu a instalación de módulos prefabricados para o persoal de control, mantemento e operacións, así como a infraestrutura para a conexión de telecomunicacións coa base.

A iniciativa foi deseñada para a instrución e adestramento de unidades militares nacionais e estranxeiras, e para probas e experimentación con novos sistemas aéreos non tripulados.

Voltar